Cargando resultados...
Gabri Veiga: "Estamos nunha pequena focha pero sairemos adiante"
O xogador do filial celeste analiza a derrota no Ruta de la Plata

G24.gal
20/03/2022 14:51
Inexplicable derrota do Celta B na súa visita ao Zamora tras errar dous penaltis e xogar cun home máis gran parte do segundo tempo. Tras dous partidos seguido perdendo, o filial celeste está nunha mala serie de resultados pero quere seguir mirando cara ao futuro, como recoñece Gabri Veiga.
"Hai días en que metes todo o que tes coma nos pasou hai algúns partidos e outros, coma hoxe, no que tendo dous penaltis non somos quen de gañar. É certo que estamos nunha focha pero sairemos adiante, confiamos no traballo do equipo. Agora temos un gran partido ante o Deportivo a fin de semana que ven e hai que tentar pasar páxina".