Foxe da Policía Local de Ourense despois de chocar contra un coche, unha rotonda e un poste de teléfono
Foxe da Policía Local de Ourense despois de chocar contra un coche, unha rotonda e un poste de teléfono
Conducía bébedo e non tiña carné
O xuíz deixouno en liberdade

Un condutor bébedo e sen permiso de conducir fuxiu da Policía Local tras chocar contra un vehículo e provocar danos nunha rotonda e nun poste telefónico en Ourense.
Primeiro bateu cun coche. Lonxe de parar, case atropela a propietaria do vehículo, que alertou os axentes, e estes comezaron a perseguilo.
Escapou a moita velocidade, pasou por riba dunha rotonda e provocou o pánico entre a xente que estaba tomando algo nas terrazas da zona.
Seguiu a súa fuxida e acabou chocando contra un poste telefónico. Abandonou o vehículo e fuxiu a pé ata que foi interceptado por un axente da policía local fora de servizo.
Detivérono, o home non tiña permiso de conducir contaba con varias denuncias administrativas por conducir baixo os efectos do alcol, das drogas, circular sen seguro e mesmo coa ITV caducada.
Xa pasou á disposición xudicial. O xuíz deixouno en liberdade.