Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conde: "O Goberno está deixando Stellantis fóra dos fondos europeos"

Conde: "O Goberno está deixando Stellantis fóra dos fondos europeos"

Pide que o Goberno rectifique e dote a planta automobilística de Stellantis, en Vigo, de forma que poida beneficiarse das axudas comunitarias

G24.gal 02/05/2022 09:45

O vicepresidente económico da Xunta en funcións, Francisco Conde, insiste en pedirlle transparencia ao Goberno central na xestión dos fondos europeos do Next Generation. Di que agarda que haxa subvencións para a futura planta que o grupo portugués Altri proxecta abrir en Palas de Rei, para elaborar tecidos a partir de fibras de eucalipto.

Ademais, pide que o Goberno rectifique e dote a planta automobilística de Stellantis, en Vigo, de forma que poida beneficiarse das axudas comunitarias.

"O Goberno está deixando Stellantis fóra dos fondos europeos", dixo Francisco Conde.

Ademais, tamén lle pide ó goberno que rebaixe o IVE que grava a electricidade e o gas, como fixeron outros países comunitarios.

"É moi difícil entender por que en España o IVE da electricidade non pode estar ao 5 por cento e é moi difícil entender por que o gas en España se está pagando ao 21 por cento e no resto dos países europeos, en moitos deles, está tamén no 5 por cento que é o que habilita a propia Comisión Europea. Polo tanto, pedímoslle ó goberno realismo, que se anticipe e que realmente non queira desviar a atención", manifestou Conde.

Conde defendeu que as bonificacións que vai aprobar o martes o Goberno é "unha evidencia clara do fracaso do modelo enerxético do goberno" e pide medidas eficaces para rebaixar os prezos da enerxía e controlar a inflación.

"Precisamos un goberno que realmente poña enriba da mesa propostas, que se anticipe e que non intente trasladar a súa responsabilidade nin ós traballadores nin ás empresas. A responsabilidade de política económica é do goberno e nestes momentos temos un goberno ausente en política económica", subliñou Francisco Conde.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade