Francisco Castro: "O libro foi catártico porque eu formo parte do colectivo que o padeceu"
Francisco Castro: "O libro foi catártico porque eu formo parte do colectivo que o padeceu"
A historia de Sara, ilustrado por Luz Beloso, é unha reflexión e un berro contra os abusos sexuais aos nenos
A personaxe de Sara, de seis anos, fala en primeira persoa. Isto esixe que o estilo da escrita sexa o máis real posible
Na literatura os xéneros, as fórmulas editoriais adoitan estar bastanes definidos. Pero ás veces sucede que un libro non acaba de encaixar de todo. A simple vista, A historia de Sara parece un libro ilustrado para a cativada. Pero nada máis abrilo, descubrimos que Sara, a protagonista, fala con seu pai que está morto. Un pai que lle aprendeu a coleccionar palabras como bidueiro, braña ou heptasílabo. E pensamos: Que nena fala así?, para quen fala esta nena? por que leva esa tristeza prendida nos ollos?. E se o libro é para nós, os adultos?.