Publicador de contidos

Publicador de contidos

Francia sufriu oito ataques con coitelo nos últimos anos, con dez vítimas mortais

Francia sufriu oito ataques con coitelo nos últimos anos, con dez vítimas mortais

No ataque máis recente faleceu unha enfermeira que foi acoitelada en Reims

G24.gal 08/06/2023 13:45

Nos últimos anos Francia foi escenario de polo menos doutros oito ataques con coitelo con características semellantes ao de hoxe. O máis grave custoulles a vida a tres persoas acoiteladas por un home na basílica de Notre Dáme de París o 29 de outubro de 2020.

No ataque máis recente faleceu unha enfermeira que foi acoitelada nun hospital da cidade francesa de Reims o 22 de maio de 2023.

A relación dos ataques con arma branca que sufriu Francia nos últimos anos:

- 5 agosto 2017. Un home armado cun coitelo trata de irromper na Torre Eiffel ao berro de “Alá é o máis grande”. O atacante, nacido en Mauritania, recoñeceu ante a policía que o seu plan era atentar contra un militar e que estaba en contacto coa organización terrorista Estado Islámico.

- 1 outubro 2017. Amed H., posuidor dun pasaporte tunisiano e nado en 1997, mata cun coitelo a dúas persoas na estación central de ferrocarril de Marsella e é abatido polos militares asignados ao dispositivo antiterrorista. O Estado Islámico asume a autoría.

- 3 xaneiro 2020. Un home mata unha persoa cun coitelo na localidade de Villejuif, ao sur de París, ao berro de "Alá é grande".

- 4 abril 2020. Dúas persoas son asasinadas e outras cinco resultan feridas nun ataque con coitelo perpetrado por un refuxiado sudanés en Romans sur Isère no sueste do país.

- 25 setembro 2020. Catro persoas quedan feridas por arma branca, dúas delas de gravidade, nun ataque perpetrado por un paquistaní, xunto á antiga sede do semanario satírico Charlie Hebdo en París e planeado como un novo atentado contra a publicación.

- 29 outubro 2020. Un home mata tres persoas cunha arma branca na basílica de Notre Dáme de Niza que gritou "Alá é grande" antes de ser ferido e detido pola policía. O mesmo día, un home que ameazaba cunha arma na rúa aos transeúntes en Aviñón, foi abatido pola policía.

- 23 abril 2021. Unha policía morre acoitelada nunha comisaría de Rambouillet, 50 quilómetros ao suroeste de París, a mans dun tunisiano que falece tamén polos disparos dos axentes, nun acto que a Fiscalía francesa investigou como terrorista.

- 23 maio 2023. Unha enfermeira morre un día despois de ser acoitelada por un desequilibrado no hospital universitario da cidade francesa de Reims, no que tamén resultou ferida de gravidade unha secretaria do centro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade