Publicador de contidos

Publicador de contidos

Francia declara controlado o incendio que arrasou boa parte do suroeste do país

Francia declara controlado o incendio que arrasou boa parte do suroeste do país

7.400 hectáreas de piñeirais e prados arderon esta semana na Gironda

A melloría da situación permite o regreso dos máis de oito mil evacuados 

Máis de mil bombeiros franceses e do resto de Europa permanecen na zona afectada
G24.gal 14/08/2022 20:36 Última actualización 14/08/2022 20:58

O traballo conxunto de 1.600 bombeiros franceses e doutros países europeos, xunto coa melloría do tempo, permitiu controlar o maior incendio forestal da historia recente de Francia. 7.400 hectáreas de piñeirais e prados arderon case completamente, dous bombeiros quedaron feridos leves e ducias de casas foron danadas total ou parcialmente polo lume.

Segundo as autoridades, o incendio está contido, non extinguido

Os bombeiros traballan agora na zona da Gironda, próxima a Bordeos, para impedir a reaparición do lume e permitir a extinción total do incendio. "A noite foi favorable, xa que tivemos chuvia e pouco vento; iso permitiunos manter o intenso traballo dos bombeiros que levan varios días neste incendio, sinala o subdelegado do Goberno francés en Arcachon. Isto permitiulles aos responsables do operativo e ao comandante das operacións de emerxencia ver que a situación era boa e declarar que o incendio está contido. Esta excelente noticia tamén nos permite anunciar a volta dos máis de oito mil veciños que estaban evacuados".

Os bombeiros agardan que as tormentas secas non provoquen novos lumes

As autoridades francesas agardan que as condicións meteorolóxicas sigan mellorando, e que os raios das tormentas secas anunciadas non prendan lume noutros lugares. Polo que poida pasar, o Goberno galo tamén pechou este domingo o acceso a algunhas áreas forestais para evitar novos incendios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade