Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Justo pide comuñón entre a bancada e o equipo para derrotar o Levante

Fran Justo pide comuñón entre a bancada e o equipo para derrotar o Levante

Non poderá sentarse no banco por sanción

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 25/11/2022 16:29 Última actualización 25/11/2022 16:33

Primeira comparecencia de Fran Justo na previa de partido como adestrador do C. D. Lugo. O técnico galego apuntaba á necesaria comuñón entre bancada e equipo para derrotar a un dos galos da categoría, como é o Levante.

Subliñaba o bo momento emocional e de predisposición ao traballo demostrado polos xogadores, e valoraba positivamente todo o visto nas últimas sesións de traballo. Por sanción verá o partido desde a bancada:

"Estará o meu segundo en banco, por causa da miña sanción. O importante son os xogadores, eles son quen ten que competir, os protagonistas"

"Hai que xogar o partido desde a bancada. É un momento para dar un paso á fronte"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade