Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Justo estréase como adestrador do Lugo diante do Levante

Fran Justo estréase como adestrador do Lugo diante do Levante

G24.gal 26/11/2022 13:45

A fichaxe de Fran Justo xerou ilusión entre os afeccionados que acudiron o último adestramento para alentar o cadro de xogadores con vistas ao encontro ante o Levante.

O novo técnico é consciente da importancia dos seareiros para saír dos postos de descenso.

"Imos xogar un partido no terreo de xogo, que temos que xogar un partido desde a bancada. O Club Deportivo Lugo é o resultado de onde quere que toda a provincia estea. Creo que é un momento en que temos que dar un paso á fronte, no que temos que empurrar,  estar unidos, axudarnos e dar unha sensación de pertenza", dixo Fran Justo.

Unión fóra do campo e unión dentro del. Esas son as liñas mestras as que apelou o novo técnico nas súas primeira horas á fronte do equipo.

"O Lugo é un equipo que vai necesitar de todos os membros do seu cadro de xogadores, que todo o conxunto esté disposto a saír e axudar e nós témonos que aproveitar diso. Unha das chaves para que o club consiga o obxectivo é conseguir manter a regularidade e a concentración nos partidos".

Fran Justo, que non vai poder sentarse no banco neste primeiro partido por arrastrar unha sanción da súa etapa no Arenteiro, ten claro o plan seguir para enfrontarse o cadro levantino.

"Imos tentar que co proceso o Lugo sexa capaz de ir á área contraria, ameazar, finalizar xogadas, xerar situacións no último terzo do campo e cantas menos te xeren a ti, mellor".

De animar encárganse as peñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade