Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Beltrán renova co Celta ata 2026

Fran Beltrán renova co Celta ata 2026

O centrocampista de Seseña, de 22 anos, chegou a Vigo no verán do 2018

G24.gal 13/01/2022 13:02

Fran Beltrán amplía o seu contrato co Celta ata o ano 2026. Así o anunciou o club vigués esta mañá, culminando as negociacións entre as partes, que sempre estiveran moi próximas. O centrocampista de Seseña, de 22 anos, chegou a Vigo no verán do 2018, asinando nese momento por cinco temporadas de modo que o seu anterior contrato vencía no 2023.

 

Beltrán, internacional coas categorías inferiores da selección española, chegou procedente do Raio Vallecano, co que disputara 71 partidos en dúas tempadas en Segunda tras formarse na súa base. Co Celta en Primeira acumula xa 110 encontros, máis oito en Copa do Rei, marcando cinco goles.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos