Fran Beltrán está feliz coa renovación pola confianza do Celta e de Coudet
Beltrán: "O meu primeiro soño é asentarnos na primeira"
Fran Beltrán ampliou onte o seu contrato co Celta ata o ano 2026, culminando as negociacións entre as partes, que sempre estiveran moi próximas. O centrocampista de Seseña, de 22 anos, chegou a Vigo no verán do 2018, asinando nese momento por cinco temporadas de modo que o seu anterior contrato vencía no 2023.
𝐶𝑜𝑚𝑜 𝑒𝑛 𝑐𝑎𝑠𝑎 🏡💙 #FranBeltrán2026 pic.twitter.com/VkcKeRk8IV
— RC Celta (@RCCelta) January 13, 2022
Esta mañá coñecemos as súas impresións: "Moi contento porque nestes momentos decátaste de que o club valórache e confía en ti e iso é o primordial".
A Fran Beltrán preguntáronlle que lle gustaría lograr co Celta: "Diríache un título. Hai que ser realistas. O meu primeiro soño é asentarnos na primeira. Despois temos que estar loitando polos postos europeos"
𝐄𝐍 𝐃𝐈𝐑𝐄𝐂𝐓𝐎 🔴 Comienza la rueda de prensa de @franbeltran__. ¡No te la pierdas! 👇🎙️#FranBeltrán2026 #RCCelta
— RC Celta (@RCCelta) January 14, 2022