Cargando resultados...
O suposto agresor machista que rebentou un portal cun fouciño ingresa en prisión
Este sábado pasou a disposición xudicial en Santiago
O portal no que se produciron os feitos
G24.gal
11/03/2023 12:36
Última actualización 11/03/2023 13:03
Ingresa en prisión o home detido este xoves na rúa Quiroga Palacios de Santiago de Compostela como suposto autor dun delito de violencia machista.
Cun fouciño na man, presentouse no edificio en que vivía a súa exparella e rachou os cristais do portal. Cando se cansou, comezou a darlle patadas. Un veciño gravou a escena.
Varias testemuñas aseguran que portaba máis armas. Este sábado pasou a disposición xudicial. A xuíza de garda decretou o seu traslado ao cárcere.