Publicador de contidos

Publicador de contidos

Forte aposta da Federación Galega para acoller a fase de ascenso a Segunda División

Forte aposta da Federación Galega para acoller a fase de ascenso a Segunda División

G24.gal 14/03/2022 22:32

A Federación Galega presentou nas últimas horas de xeito firme a candidatura para acoller a fase de ascenso á Segunda. Logo dos resultados das últimas xornadas, é posible que sexan ata tres os equipos galegos que participen nesa fase e a Futgal busca aproveitar esa forza para acoller un grande evento futbolístico. 

A fase tería lugar entre os días 8 e 12 do mes de xuño. Nela estarían en xogo dúas prazas para o fútbol profesional ás que optarían oito equipos (agora mesmo Deportivo, Celta B e Racing de Ferrol serían tres dos oito). Habería seis partidos; os catro emparellamentos de cuartos de final e as dúas semifinais das que sairían os dous equipos que subirían de categoría. 

A proposta da Federación Galega é forte porque aposta por un ciclo de tres anos como organizador desa fase de ascenso (ata 2024). As sedes serían Riazor e A Malata, con posibilidade para ampliar o rango de actuación a outros grandes campos de Galicia, como o Anxo Carro, o Vero Boquete, Pasarón ou mesmo Balaídos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade