Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nenas de acollida en España hai anos, agora mulleres refuxiadas coas súas propias familias

Nenas de acollida en España hai anos, agora mulleres refuxiadas coas súas propias familias

As dificultades das refuxiadas continúan despois de atravesaren a fronteira con Polonia

A alegría do reencontro coas familias que as acolleron de cativas

O reencontro das refuxiadas coas súas familias de acollida en España
G24.gal 13/03/2022 20:53

As imaxes de chegadas e reencontros repítense en distintos puntos da Península. Os vínculos de acollida a menores de Ucraína de hai anos son agora o refuxio de moitas daquelas cativas que viñan só de vacacións.

Olga chegou a Mojácar cun dos seus fillos esta fin de semana. En Ucraína traballaba nun orfanato onde quedaron os pequenos que atendía. O relato da súa saída do país dá idea da situación que viven incluso despois de cruzar a fronteira que as separa da guerra.

"Cada noite veñen os trens con nenos e nais. Houbo un momento en Cracovia en que eu saín do tren e os meus fillos non puideron saír. Empecei a berrar porque os meus fillos quedaban no tren. Por favor axúdenme a sacar os nenos! porque había un montón de maletas e unha muller máis forte ca min empuxou a porta e sacou os meus fillos. Imaxine se os meus fillos quedan. Como os atopo despois?".

"Cracovia é caótica agora mesmo. Eu non sei como sería antes, pero evidentemente creo que nada ten que ver co de agora. Xente coas miradas perdidas, fundamentalmente nais con nenos da man, con un, dou tres... E mirando o móbil, agardando unha chamada de alguén que os recolla".

"Eu non sei se as autoridades terán que facer algo. Falamos con Save the Children e non pode subir ninguén nun vehículo particular para vir a España. Ou se fai ben e de forma regrada ou pode supoñer moitos problemas".

 Nisto insisten todas as asociacións. A Fundación Xuntos pola Vida traía hoxe un novo autobús a Valencia, con 52 persoas. Agardábanas tamén as mesmas familias que hai anos as acollían no verán. Agora esas nenas son mulleres con fillos. 

"Cando soubemos disto, puxémonos en contacto coa asociación para poder traela e que saíse do inferno aquel. Non queriamos que estivese alí", di unha nai de acollida.

E non todas as refuxiadas que chegan teñen unha experiencia previa en España. Sergi e Mariné ofrecéronlle á asociación a súa casa baleira para quen a precisase. Desde onte, alí descansan xa seis mulleres dunha mesma familia e tres xeracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade