Publicador de contidos

Publicador de contidos

Formoso di que a Xunta ten que adoptar medidas ante a seca

Formoso di que a Xunta ten que adoptar medidas ante a seca

O líder dos socialistas galegos di que o Goberno galego ten que estar á altura das circunstancias ante as necesidades dos concellos

G24.gal 14/08/2022 21:11 Última actualización 14/08/2022 21:21

Á seca se referiu o líder dos socialistas galegos desde O Carballiño. Para González Formoso, o Goberno da Xunta debe adoptar responsabilidades, arremangarse e poñer en marcha medidas efectivas no canto de simples recomendacións:

"Agora a seca di que tamén é culpa dos concellos, porque é competencia súa. Creo que un Goberno lles debe aos galegos e ás galegas algo máis que facerlles pagar os impostos cada día. Debe darlles repostas, debe estar a altura das circunstancias e debe adoptar medidas. Medidas que significan que concellos como o de Ribadavia ten que afrontar en soidade a adopción de obras hidráulicas de captación de auga para poder afrontar esta situación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade