Cargando resultados...
Formoso cre que a reunión con Rueda é "un bo comezo", pero quere unha "axenda galega"
G24.gal
29/05/2022 12:50
As primeiras reaccións á convocatoria do presidente da Xunta cos representantes dos partidos da oposición non se fixeron agardar.
O líder dos socialistas galegos que visitou Boiro, valora positivamente esa xuntanza convocada por Alfonso Rueda. Valentín González Formoso cre que é un bo punto de partida, pero advirte que poñerán sobre a mesa unha axenda galega para tratar os asuntos de país que consideran máis relevantes.