Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana grande do Entroido, dende as cabritadas de Laza ata o triángulo máxico á cabeza

Fin de semana grande do Entroido, dende as cabritadas de Laza ata o triángulo máxico á cabeza

En Viana do Bolo a festa da Androlla encheralle o papo aos boteiros

Damas e galáns danzan en Cobres

Domingo de Peliqueiros en Laza/Rosa Veiga/Europa Press
G24.gal 28/02/2025 23:34

Aínda coa resaca festeira da noite de comadres de Verín toca coller folgos para as citas entroideiras desta fin de semana.

Comezamos no triángulo máxico ourensán. En Laza os protagonistas son os nenos e a fariña no denominado sábado de cabritadas. O domingo estréanse os peliqueiros que percorrerán as rúas durante todo ou día.

Repitirán as pantallas en Xinzo e non serán menos os cigarróns de Verín. As Mázcaras danzarán ó son do folión en Manzaneda e en Viana do Bolo a festa da Androlla encheralle o papo aos boteiros.

Saltamos a Cobres, onde madamas e galáns percorrerán a pé os distintos lugares de Vilaboa. Nos oito concellos da Ulla os xenerais desfilarán e farán altos e atranques.

Na mariña luguesa teñen en Foz o Entroido máis emblemático e aínda chegan ao concurso de coplas. Mañá é o prato forte cun espectacular desfile pola tarde.

Nas grandes cidades galegas tamén teñen programados desfiles e actividades durante toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade