Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana forte de vendima por toda Galicia

Fin de semana forte de vendima por toda Galicia

No Ribeiro contan con rematar o groso da recollida

A denominación menos avanzada é a da Ribeira Sacra

G24.gal 24/09/2022 20:52 Última actualización 24/09/2022 21:31

O traballo é incesante estes días nas ladeiras escarpadas da Ribeira Sacra. Unha vendima heroica que adegas como Ponte da Boga decidiron achegar aos visitantes organizando unha xornada de portas abertas na que desgustar os viños e participar na recollida.

Nesta denominación de orixe xa vendimaran este venres tres millóns douscentos mil quilos de uva dos ao redor de seis que agardan nesta colleita.

Máis avanzada vai a vendima no Ribeiro, onde contan que o groso da recollida remate nestes días. Entre os que xa acabaron está a cooperativa Viña Costeira que recolleu uns tres millóns de quilos, un 5 % menos que o ano pasado por mor da seca, aínda que dunha calidade extraordinaria.

Para festexar a fin da vendima celebraron este sábado un festival con música, viño e gastronomía entre as cepas do Pazo de Toubes. As actuacións estendéronse dende as cinco da tarde ata a unha da mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos