Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos I estará en Sanxenxo a vindeira fin de semana

Xoán Carlos I estará en Sanxenxo a vindeira fin de semana

É o primeira vez que regresa a España tras case dous anos residindo en Abu Dhabi

Nas últimas horas Xoan Carlos I conversou telefónicamente con Filipe VI durante a visita deste ao emirato

En Sanxenxo, a expectación é máxima ante a visita do monarca

G24.gal 15/05/2022 15:28 Última actualización 16/05/2022 15:41

 "A vindeira fin de semana será cando vexamos ao rei Xoán Carlos en Sanxenxo". Así anunciaba Fernando Ónega, colaborador da Radio Galega, o regreso a España de Xoán Carlos I tras case dous anos residindo en Abu Dhabi. Unha decisión que este xa anticipara tras o arquivo das investigacións abertas contra el pola fiscalía do Tribunal Supremo, e que onte consensuou nunha chamada telefónica co seu fillo.

Filipe VI viaxou a Abu Dhabi para trasladar as condolencias pola morte do xeque Jalifa, na primeira visita ao emirato dende que seu pai reside alí. Os dous quedaron en verse na Zarzuela tras a fin de semana do rei Xoán Carlos I en Sanxenxo.

A noticia do regreso foi ben recibida por socialistas e populares. "Respectamos calquera decisión que tome a Casa Real, compételles a eles", dixo o voceiro da executiva do PSOE. Mentres que o alcalde de Madrid defendía: "Non ten ningunha causa pendente no ámbito xudicial, sen el non pode entenderse a nosa democracia. Como cidadán libre ten todo o dereito a volver".

E criticada por outros partidos, dende o PNV a Podemos. O voceiro desta formación tira de ironía ao compartir a noticia citando a policía. Irene Montero aseguraba  "Creo que o máis importante é que hai cada vez máis xente na sociedade española que non entende a utilidade da Monarquía". E Aitor Esteban concluía que "Cada vez coñecemos máis cousas do seu comportamento, e esa vergoña vaino acompañar sempre".

Fontes próximas a Xoán Carlos I apuntan que esta será unha visita breve, á que podería seguir unha nova viaxe dende Abu Dhabi en xuño.

O xornalista Fernando Ónega adiantouno esta mañá no programa Galicia por diante da Radio Galega.

O rei Xoán Carlos I volve a España esta vindeira fin de semana. Estará en Sanxenxo, así o adiantou o xornalista Fernando Ónega no programa Galicia por diante da Radio Galega.

O rei Filipe VI trasladouse este domingo a Abu Dhabi para amosar as súas condolencias pola morte do presidente dos Emiratos Árabes Unidos, o xeque califa bin Zayed Al Nahyan.

Filipe VI conversou por teléfono co seu pai Xoán Carlos, con que acordou verse en Madrid cando o rei emérito veña a España, confirmou a Casa do Rei. A charla produciuse durante a viaxe fugaz do monarca este domingo a Abu Dhabi. Pai e fillo non coincidiron nos actos. A chamada telefónica rexistrouse cando remataron as exequias e antes de regresar don Filipe a España.

Non se deu data da viaxe do emérito a Madrid e, polo tanto, tampouco de cando será o encontro.

Filipe VI viaxou co subsecretario de Exteriores, Unión Europea e Cooperación Luís Manuel Cuesta. Na cerimonia, o monarca español transmitiulle o seu pesar ao xeque Mohamed bin Zayed, nomeado este sábado novo presidente do emirato tras exercer de facto como líder durante case unha década. O novo presidente recibiu tamén o título de emir de Abu Dhabi por ser o príncipe herdeiro.

Nos actos participaron os presidentes de Francia e Turquía, os reis de Bélxica e dos Países baixos, ademais do presidente do Conselllo da Unión Europea Carles Michel, entre outros mandatarios.

O Rei xa estivo presente en cerimonias semellantes celebradas en Omán ou Arabia Saudita co gallo do falecemento dos seus monarcas.

En febreiro o presidente do Goberno Pedro Sánchez xa viaxou a Abu Dhabi, pero tampouco tiña previsto ningún contacto co rei Xoán Carlos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade