Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O comercio galego pode abrir todos os domingos de decembro
A actividade comercial é un consenso entre asociacións de consumidores, cámaras de comercio e asociacións empresariais e sindicais máis representativas de Galicia
                            G24.gal
                        
                            08/12/2024 14:13
                        
                        
                        
                        
                    
                    Neste mes de decembro concéntranse a maioría dos domingos e festivos nos que, segundo o DOG, está permitida a apertura das tendas, tanto os pequenos negocios como os que están emprazados nos grandes dos centros comerciais.
O Diario Oficial de Galicia recolle os días nos que se amplía a actividade comercial, un consenso entre asociacións de consumidores, cámaras de comercio e asociacións empresariais e sindicais máis representativas de Galicia. Trátase dunha oportunidade que, sobro todo, os grandes comercios, as franquías e as cadeas non deixan pasar.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
        