Cargando resultados...
Festa en Barraña coa visita das lendas do Real Madrid
O partido entre os amigos do Boiro e as lendas brancas rematou con vitoria destas por 1-4
Foi unha homenaxe ao fundador de Jealsa, Jesús Alonso
Foto: @VeteranosRM
G24.gal
04/10/2025 14:45
Esta mañá viviuse un día especial en Barraña, coa celebración dun amigable entre os veteranos do Boiro e as lendas do Real Madrid. Arredor de 1500 persoas non faltaron a esta cita cos ídolos do pasado. Foi nunha homenaxe ao fundador da conserveira Jealsa, Jesús Alonso. Ramatou con vitoria madridista por 1 gol a 4.
Marcaron xogadores que tamén tiveron pasado nos equipos galegos como Antonio Núñez, José Emilio Amavisca e Iván Pérez, este último por partida dobre. Manu Barreiro fixo o gol do Boiro, que contou neste amigable co reforzo do ex deportivista Fran.