Publicador de contidos

Publicador de contidos

Festa de medo na aldea pantasma de Chaioso, en Maceda

Festa de medo na aldea pantasma de Chaioso, en Maceda

Máis dun centro de actores, case todos veciños e veciñas, recrean escenas de películas de terror

Propoñen un percorrido de media hora pola aldea con sustos en cada recuncho

Haberá pases ás 11 da noite este sábado e tamén o domingo

Unha festa organizada pola Asociación de Veciños de Chaioso, que xa ten máis de 20 anos de historia

A tranquila aldea de Chaioso transfórmase no Pobo Pantasma.
G24.gal 12/08/2022 21:27

Volve o terror á aldea pantasma de Chaioso, no concello ourensán de Maceda, unha das citas máis agardadas do verán para os amantes das películas de medo. Alí xa está todo listo para o primeiro pase esta noite do venres. 

Agárdase esta fin de semana unhas noites de terror en Chaioso, transformada nunha aldea pantasma e onde ofrecen un paseo recreando diferentes pasaxes de películas de medo

Benvidos e benvidas a Chaioso, a aldea pantasma, non apta para as persoas medorentas.

Despois do paro obrigado por mor da pandemia, esta tranquila aldea de Maceda volve a transformarse nun lugar terrorífico.

Máis dun cento de actores, veciños e veciñas perfectamente caracterizados ofrecen un percorrido dunha media hora onde en cada recuncho os sustos están asegurados.

Desde hai máis de 20 anos a aldea pantasma de Chaioso atrae a centros de visitantes que buscan emocións fortes e diversión pasando un pouco de medo. Unha festa organizada pola Asociación de Veciños de Chaioso, en Maceda. 

Xa saben, a partir das 11 da noite quedan por diante esta fin de semana tres pases de verdadeira película de terror.

Os veciños caracterizados recrean pasaxes de películas de terror. Os veciños caracterizados recrean pasaxes de películas de terror.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade