Ferrol reparte crema solar de balde nas praias para concienciar contra o cancro de pel
Instaláronse nove dispensadores de crema nos exteriores das casetas de socorrismo
A campaña faise en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro

As nove casetas de socorrismo de Ferrol dispoñen desde este venres de crema solar a libre disposición dos usuarios das praias de Doniños, Penencia, San Xurxo, Esmelle, Covas, Ponzos e Santa Comba, ademais de en Caranza e A Graña.
O Concello de Ferrol informou este venres desa "campaña pioneira" que se fai en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro para informar da "importancia de usar sempre crema solar", segundo explicou a concelleira de Sanidade, Maica García.
Instaláronse nove dispensadores de crema nos exteriores das casetas de socorrismo, e cada unha delas dispoñerá de dous litros para os bañistas.
O Concello lembrou que, segundo un estudo da Sociedade Española de Oncoloxía Médica, a taxa de incidencia do melanoma alcanzará os 16 casos por cada 100.000 persoas.