Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miles de persoas participan en Ferrol nunha marcha solidaria a favor da investigación contra o cancro

Miles de persoas participan en Ferrol nunha marcha solidaria a favor da investigación contra o cancro

Catro mil cincocentas persoas participaron na carreira e na andaina solidaria da Asociación Española Contra o Cancro

O cartos recadados tamén contribuirán a manter os servizos e programas gratuítos que a entidade lles ofrece tanto aos pacientes coma aos seus familiares

G24.gal 09/11/2025 14:15

En Ferrol, miles de persoas persoas apoiaron a investigación oncolóxica coa súa participación na carreira e na andaina solidaria da Asociación Española Contra o Cancro. O cartos recadados tamén contribuirán a mantener os servizos e programas gratuítos que a entidade lles ofrece tanto aos pacientes coma aos seus familiares.

Predominou a cor verde nas camisetas e tamén unha convicción: este domingo había que estar no cantón de Molíns para apoiar o labor da Asociación Española Contra o Cancro. Unha das corredoras comenta que "hai que vir, colaborar e participar en todo este proxecto". "Hai que estar aquí e involucrarse, todos xuntos", engade outra participante.

Foi unha mañá de emocións, que comezou coas probas infantís. A cativada foi a primeira en correr nesta cita imperdible ano tras ano para moitos dos inscritos. Unhas catro mil cincocentas persoas marcharon contra o cancro; uns correndo, outros máis amodo, todos sumando pasos para contribuír ao financiamento de proxectos innovadores de investigación oncolóxica. 

A asociación quere axudar a alcanzar unha taxa de supervivencia do 70% en 2030. Esta foi a décimo segunda edición de Ferrol en Marcha Contra o Cancro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade