Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferrol estrea a nova praza de Ferrándiz, a carón da histórica Porta do Estaleiro

Ferrol estrea a nova praza de Ferrándiz, a carón da histórica Porta do Estaleiro

As obras enlazan co proxecto de Abrir Ferrol ao Mar que estará competado en 2027

G24.gal 04/09/2026 14:54

Foi no século XVIII o principal punto de acceso aos estaleiros da ría. O antigo cadro de Esteiro aínda conserva a vella porta da Bazán. As obras desenvolvidas na praza de Ferrandiz permiten adaptar todo este espazo ás necesidades do século XXI.

"Unha zona de vida máis moderna, máis verde e máis sostible", explica Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña

Unha colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol que está permitindo recuperar importantes pezas do patrimonio militar da cidade como é o caso do observatorio de Monte Ventoso.

As obras enlazan co proxecto de Abrir Ferrol ao Mar no barrio de Esteiro. Nesta zona crearase un novo carril bici e 350 novas prazas de estacionamento. E habiitaranse novas zonas verdes no espazo en que se asenta unha parte importante da historia de Ferrol.

"Traballouse con moita intensidade nos meses de xullo e de agosto. O compromiso que Abrir Ferrol ao mar estea rematado en 2027", asegura o alcalde de Ferrol, José Manue Rey Varela.

Unha nova fachada marítima para unha cidade que aspira a converterse en Patrimonio da Humanidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade