Ferrol baila por Julieta e pola investigación da Síndrome de Rett
Academias de toda a comarca de Ferrolterra sumáronse a unha cita solidaria no pavillón de Esteiro
Bailar para mellorar o presente e o futuro de Julieta, unha nena ferrolá de dous anos afectada pola síndrome de Rett. A proposta mobilizou as escolas de danza de toda a comarca, que hoxe comparten un día música e coreografías para apoiar a loita da familia da pequena na procura de fondos para a investigación da enfermidade.
"Cando me erguín pola mañá pensei 'hoxe é o gran día'. Levamos moito tempo preparando este evento, que ten un contido moi emotivo", di Lucía García, na da meniña.
No pavillón de Esteiro todos bailan por Julieta, por ela e por todas as persoas afectadas pola Síndrome de Rett, un transtorno neurolóxico raro que provoca a perda progresiva de capacidades xa adquiridas.
"Julieta perdeu habilidades que tiña, como o gatexo. Agora estamos intentando recuperalas con terapias. Ela está moi conectada coa xente, ri moito, gústanlle os debuxos..", explica.
Na academia Paso a Paso, fixeron iso mesmo, dar pasos, desde o momento en que coñeceron o caso de Julieta. Levan preparando o evento desde antes do Nadal.
"O obxectivo é conseguir cartos para a asociación Mi princesa Rett para que Julieta poida ter unha calidade de vida mellor e que se recade o máximo posible para a investigación", comenta Patricia Maceiras, da academia Paso a Paso de Narón.
A asociación Mi princesa Rett financia dous proxectos de investigación no Hospital San Joan de Déu de Barcelona, centrode referencia en España.