Publicador de contidos

Publicador de contidos

A FIA rectifica e devólvelle a terceira posición a Fernando Alonso

A FIA rectifica e devólvelle a terceira posición a Fernando Alonso

Alonso recibira unha sanción que o baixara ao cuarto posto, pero atendeuse a reclamación de Aston Martin

Dobrete de Red Bull con triunfo de Checo Pérez e segundo posto de Verstappen

G24.gal 19/03/2023 20:10 Última actualización 19/03/2023 23:18

Festival de Red Bull con triunfo de Checo Pérez e segundo posto para Max Verstappen, que remontou desde o 15.º posto ata rematar no segundo chanzo do podio. Fernando Alonso rematou de terceiro na carreira. Nun principio foi penalizado con dez segundos e perdeu o segundo podio da temporada, pero a FIA rectificou diante dos argumentos de Aston Martin e devolveulle a praza no podio. 

O piloto asturiano recibiu unha sanción de cinco segundos por unha mala posición no inicio da carreira e, unha vez rematada, a FIA investigou un troco de pneumáticos no que os mecánicos semellaba que tocaran o coche antes de tempo.

O beneficiado ía ser Russell (Mercedes) pero acabou conformándose co cuarto posto que acadara sobre a pista. Tampouco lle foi ben a cousa a Carlos Sáinz, que foi ao sexto posto, xusto por diante do seu compañeiro en Ferrari Leclerc. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos