Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridos graves tres mozos ao bater co coche contra unha ponte da autovía de Barbanza

Feridos graves tres mozos ao bater co coche contra unha ponte da autovía de Barbanza

Os bombeiros tiveron que liberar os rapaces que quedaron atrapados no vehículo

Dous dos ocupantes tiñan ente 18 e 24 anos e o terceiro era menor de idade

O vehículo accidentado qu saiu da estrada na Autovía da Barbanza O vehículo accidentado qu saiu da estrada na Autovía da Barbanza
G24.gal 09/07/2023 10:30

Pouco antes da medianoite do sábado rexistrouse un brutal accidente de tráfico na autovía de Barbanza. Un vehículo foise da estrada cando circulaba en sentido a Ribeira, e tras rodar uns 300 metros pola vía de servizo chocou contra un dos viadutos á altura do quilómetro 21, en Cespón, e envorcou.

Ata o lugar do accidente desprazáronse as dotacións de garda dos parques comarcais de Boiro e de Ribeira. Tiveron que traballar para excarcerar do turismo os tres ocupantes que quedaron atrapados tras o impacto. Eran dous homes e unha muller de entre 18 e 24 anos, e o terceiro un menor de idade.

Desde Santiago mobilizouse unha ambulancia medicalizada das urxencias do 061 e outras dúas asistenciais de Boiro e de Padrón. Nun primeiro momento trasladaron os feridos ata o hospital de Barbanza, pero ante a gravidade das feridas e lesións os tres foron derivados ao Clínico de Santiago.

Ata o lugar tamén se mobilizaron axentes da Garda Civil de Tráfico de Santiago, que instrúen o atestado do accidente, e efectivos de Protección Civil de Boiro e persoal de mantemento da AG-11.

Os bombeiros traballan na excarceración das vítimas do accidente Os bombeiros traballan na excarceración das vítimas do accidente
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade