Cargando resultados...
Ferido un operario tras quedar atrapado baixo un camión en Nigrán
Foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal
06/02/2023 18:13
Un operario resultou ferido en Nigrán mentres realizaba labores de xardinería contra as 14:00, tras quedar atrapado baixo un camión envorcado.
Os bombeiros do Val Miñor e O Porriño precisaron de 45 minutos para poder liberar o traballador, que tiña un pé preso. "O terreo é complicado porque ten un lixeiro desnivel", explica Óscar Arévalo, xefe do servizo de Emerxencias do Val Miñor.
Durante todo o proceso o ferido estivo consciente. "Portouse como un campión", comenta con humor Arévalo.
O ferido foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro cunha fractura aberta de tibia e peroné.