Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un home tras ser atropelado nun paso de peóns en Vigo

Ferido un home tras ser atropelado nun paso de peóns en Vigo

A vítima cruzaba con muletas por un paso de cebra na zona de Coruxo cando foi alcanzada por un vehículo 

Cedida/Europapress Cedida/Europapress
G24.gal 07/08/2026 12:47

Un home resultou ferido na mañá deste venres tras ser atropelado por un vehículo cando cruzaba por un paso de peóns na zona de Coruxo, en Vigo. 

O accidente produciuse nunha das rotondas da Baixada ao Vao. Segundo informou o 112 Galicia, a vítima cruzaba con muletas por un paso de cebra cando foi alcanzada polo turismo e quedou tendida na calzada. 

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 Galicia para atender o ferido. Nos primeiros momentos, varios veciños achegáronse para auxiliar o home ata a chegada dos servizos de emerxencias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade