Cargando resultados...
Ferido un ciclista ao ser alcanzado por un turismo en Cerponzóns, Pontevedra
O home quedou inconsciente e foi trasladado ao hospital Montecelo de Pontevedra
.png)
G24.gal
02/03/2025 18:11
Un ciclista quedou ferido ao ser alcanzado por un turismo en Pontevedra. O home quedou inconsciente e foi trasladado ao hospital.
O accidente produciuse na N-550, ao seu paso por Cerponzóns. Unha persoa chamou a emerxencias para pedir axuda cando pasaban uns minutos da unha da tarde, segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia.
O equipo médico atendeu o ciclista e lograron estabilizalo para posteriormente trasladalo ao hospital Montecelo, de Pontevedra.
Ao lugar do accidente, á parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, acudiron os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.