Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido grave tras colidir co seu vehículo contra un tanatorio en Carballo

Ferido grave tras colidir co seu vehículo contra un tanatorio en Carballo

O condutor tivo que ser evacuado ao CHUAC en ambulancia

G24.gal 16/02/2025 17:57

Unha persoa tivo que se trasladada a un centro sanitario logo de colidir co seu vehículo contra as instalacións do tanatorio de Santa Marta na rotonda de Bértoa, no concello coruñés de Carballo.

Segundo informou o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento da Coruña, o suceso produciuse na tarde do sábado, e ata o punto desprazáronse os bombeiros do parque comarcal de Carballo. Por causas que se descoñecen, saíu da vía, atravesou unha zona peonil e de carril bici e acabou impactando contra o tanatorio.

O condutor, único ocupante do vehículo, foi trasladado con feridas de carácter grave en ambulancia polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao CHUAC.

No operativo tamén interveu a Policía Local e Protección Civil de Carballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade