Cargando resultados...
Feridas sete persoas tras unha colisión entre dous turismos na Pobra do Brollón
O sinistro produciuse contra as oito da mañá na N-120, en Barxa de Lor
G24.gal
31/08/2026 10:58
Sete persoas resultaron feridas tras unha colisión entre dous turismos na N-120, en Barxa de Lor, ao seu paso polo municipio lucense da Pobra do Brollón.
Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 08.00 horas deste luns no quilómetro 507 da vía e foi un particular o que deu a voz de alarma.
Ata o punto desprazáronse os profesionais sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Monforte, o GES de Quiroga e os servizos de mantemento da estrada.