Cargando resultados...
Dous feridos graves ao bater co coche contra o piar dunha ponte en Santiago
O vehículo foise da vía na circunvalación SC-20 e saíu despedido uns 200 metros despois do choque
G24.gal
28/09/2025 19:15
Última actualización 28/09/2025 20:54
Dous homes quedaron feridos graves nun accidente de tráfico ocorrido pasadas as seis da tarde deste domingo nunha rotonda da circunvalación SC-20, en Santiago.
Por razóns aínda sen determinar, o coche foise da vía, bateu contra un dos piares da ponte de San Lázaro e saíu despedido uns 200 metros.
Os bombeiros tiveron que excarcerar os seus dous ocupantes, duns trinta anos, que foron trasladados ao hospital clínico en estado grave.
Ata o lugar desprazouse tamén o persoal do 061 e axentes da Policía Local.
