Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha muller ao caer unha árbore en mal estado na zona das Burgas, en Ourense

Ferida unha muller ao caer unha árbore en mal estado na zona das Burgas, en Ourense

A muller é unha turista de 57 anos que tivo que ser trasladada ao hospital con prognostico reservado

O Concello xa cortara as palmeiras das Burgas en decembro de 2020 por mor do seu mal estado

G24.gal 23/06/2022 10:17

Unha muller de 57 anos quedou ferida este mércores na cidade de Ourense ao caer unha árbore en mal estado na zona das Burgas. A muller é unha turista, segundo informou a Policía Local, que estaba dando un paseo na zona das Burgas á primeira hora da tarde. As Burgas é unha das zonas máis transitadas e de máis reclamo turístico da cidade.

Como consecuencia do accidente, a muller tivo que ser trasladada en ambulancia ao centro hospitalario con prognóstico reservado, segundo a primeira estimación de urxencia.

Ao parecer, a árbore caída estaba totalmente seca e oca. O colectivo Amigas dás Árbores lembrou que non é a primeira vez que se produce unha situación deste tipo e preguntou quen son os culpables.

“Estamos cansos de dicilo: unha parte importante das árbores da cidade de Ourense están enfermas por falta de xestión adecuada do servizo de parques e xardíns do concello; árbores decapitadas, podas fóra de época, falta de coidados”, denunciou.

Tras o ocorrido, tamén o grupo municipal do BNG denunciou o mal estado en que se atopan as árbores e insistiu na necesidade de que o concello elabore un catálogo onde aparezan recollidas todas as árbores da cidade, o seu estado de conservación e a idoneidade da súa localización.

Non é a primeira vez que hai problemas coas árbores da zona das Burgas; xa en decembro de 2020, os operarios municipais cortaron as palmeiras porque estaban secas e había risco de caída.

escaravello vermello, un gurgullo que chegou de Asia en 2013, acabou con elas e con moitas outras da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade