Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo sobre o conflito do transporte: "Estamos nunha situación límite"

Feijóo sobre o conflito do transporte: "Estamos nunha situación límite"

"Pedimos que se poida traballar en Galicia con normalidade", defendeu Feijóo

G24.gal 17/03/2022 14:58

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fai un chamamento á responsabilidade das partes implicadas no paro do transporte, que está levando, di, a moitos sectores económicos galegos a unha situación límite.

"Estamos nunha situación límite. Pedimos ao Goberno que se entreviste coas plataformas que están creando o conflito e pedimos ás plataformas que non sigamos con este profundo conflito que está provocando danos enormes a persoas e entidades absolutamente inocentes. Pedimos, por tanto, que se poida traballar en Galicia con normalidade", defendeu Feijóo.

O presidente da Xunta asegura que este conflito está levando a Galicia a unha situación de "colapso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade