Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo recibe a alta despois da súa operación de desprendemento de retina

Feijóo recibe a alta despois da súa operación de desprendemento de retina

Someteuse á intervención o pasado 31 de xullo en Oviedo

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 13/08/2024 18:23

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, recibiu este martes a alta da operación de desprendemento de retina á que se someteu o pasado 31 de xullo en Oviedo.

Nunha mensaxe na súa conta da rede social X, Núñez Feijóo agradeceu “a excelente atención” de todo o equipo médico da clínica onde foi intervido.

Tamén expresou o seu agradecemento a todas as persoas que se interesaron polo seu estado de saúde.

A “leve intervención médica”, como a definiu o PP cando informou dela, obrigou a Núñez Feijóo a cancelar a súa axenda pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade