Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo: "O lóxico é que a fábrica de fibras téxtiles estea en Galicia"

Feijóo: "O lóxico é que a fábrica de fibras téxtiles estea en Galicia"

O presidente galego reclama un PERTE dos fondos europeos para a moda como ten a automoción

G24.gal 18/01/2022 14:24

Na inauguración da nova factoría de Nanos, no polígono empresarial de Bergondo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chamou a atención sobre o peso e prestixio internacional das 500 marcas do sector téxtil que hai en Galicia.

A continuidade lóxica do que Feijóo chama "milagre do téxtil galego" ten que ser conseguir os Fondos Next Generation para a fábrica de tecido vexetal, que é un dos proxectos que presenta Galicia. Supón uns 800 millóns de euros de investimento e daría 1.500 empregos directos.

"Galicia é unha das dez rexións europeas con maior capacidade de produción de madeira. Polo tanto, se temos os recursos, a materia prima, e temos as marcas de moda máis importantes de Europa, o lóxico é que esa fábrica de fibras téxtiles se sitúe en Galicia. Produciriamos 200.000 toneladas de fibras téxtiles anualmente, que mercarían as grandes firmas", afirmou.

Alberto Núñez Feijóo coida que o téxtil debería ter un PERTE (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica) para os fondos Next Generation, como teñen outros sectores como a automoción.

Galicia é a rexión de Europa con máis peso do téxtil e unha das do mundo que máis representa en porcentaxe. Factura 30.000 millóns de euros ao ano e ocupa 28.000 persoas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade