Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo di que non coñecía o documento para a renovación do CXPX

Feijóo di que non coñecía o documento para a renovación do CXPX

O Goberno pídelle ao PP que non "busque máis escusas"

G24.gal 18/08/2022 17:38

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que non coñecía o documento que asinou a anterior dirección do PP co Goberno sobre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial.

En declaracións aos medios en Porto do Son, Feijóo dixo que o ministro de Presidencia, Félix Bolaños, ameazou con filtrar o documento se non chegaban a un acordo para a renovación do órgano de goberno dos xuíces. 

Dende o Executivo central, a ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, pediulle ao líder dos populares que non busque "máis escusas" para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Rodríguez acusa o PP de "estar en rebeldía" e insta a Feijóo a "cumprir a Constitución".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade