Cargando resultados...
Feijóo defende a axuda a Ucraína e a ampliación da OTAN
Feijóo defende a axuda a Ucraína e a ampliación da OTAN
O presidente do PP reuniuse este mércores con Ursula von der Leyen

G24.gal
22/03/2023 22:01
O presidente do PP reuniuse este mércores coa presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen.
Alberto Núñez Feijóo reiteroulle o compromiso do PP coa axuda a Ucraína e co cumprimento dos acordos internacionais.
Feijóo aproveitou tamén para destacar o importante papel que está a desempeñar a OTAN e a necesidade de ampliala a outros países, como Suecia e Finlandia.
Feijóo sinalou ademais que o Goberno terá todo o apoio do PP ante o gran reto que ten España de presidir a UE durante o segundo semestre do 2023.