Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo cifra en 1.800 millóns o custo das obras para completar o AVE a Galicia

Feijóo cifra en 1.800 millóns o custo das obras para completar o AVE a Galicia

O presidente da Xunta vaise reunir coa ministra de Transportes en Santiago para avaliar as infraestruturas pendentes

G24.gal 14/01/2022 14:54

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, di que o AVE é un campo aberto de oportunidades, pero que non está todo feito. Lembra que falta a variante exterior de Ourense, a estación de Ourense, remodelar o túnel do Padornelo, adaptar o ancho de vía entre Santiago e Ourense, as variantes Lugo-Ourense ou a saída sur de Vigo.

"Temos 1.800 millóns de euros cunha planificación e un avance presupostario que cremos maduro e nos quedan aínda uns 4.800 millóns de euros de acordo cos compromisos do Ministerio que están en planificación, pero sen orzamentar. Vinte anos despois conseguimos un fito fundamental, que é a entrada en Ourense, pero traballo continúa", afirmou Feijóo nun foro sobre as oportunidades do AVE Madrid-Galicia que se celebrou en Ourense.

O presidente da Xunta avanzou que se vai reunir para a semana coa ministra de Transportes, Raquel Sánchez, en Santiago. Nese encontro avaliarán as infraestruturas pendentes e a chegada dos trens Avril de ancho variable, que leven efectivamente a alta velocidade a Galicia con tempos ata corenta minutos menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade