San Froilán alíase co Ensino para derrotar o Perfumerías Avenida
Conseguiu un parcial de 16-2 no último cuarto e gañou por 62-55 ao campión das dúas últimas ligas
O Durán Maquinaria Ensino logrou o triunfo na segunda xornada da Liga Feminina no partido que menos se agardaba, porque visitaba o Pazo o campión das dúas últimas ligas, o Perfumerías Avenida.
A saída do equipo galego foi moi boa. Aguantouo o primeiro cuarto (17-16). Ao descanso, o equipo salmantino ía por diante, aínda que cunha vantaxe mínima (31-35). A tendencia de igualdade mantíñase no terceiro período pero co Perfumerías mandando con certos folgos (46-53) grazas ás triplas de McCall.
O habitual é que un elenco de estrelas decida o partido no último cuarto, pero aconteceu todo o contrario. O Ensino apertou en defensa e deixou en dous puntos o seu rival. En ataque pouco a pouco foron saíndo as cousas cunha Blanca Millán moi inspirada (17 puntos). Conseguiron empatar o partido e, diante do asombro dos presentes, acabar gañando por 62-55.
FINAL FINAL FINAL el Pazo ‼️‼️‼️
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) October 12, 2022
Jornada 1 🏆 Liga Femenina Endesa @EnsinoLugoCB 6️⃣2️⃣@CBAvenida 5️⃣5️⃣#VamosEnsino #ActitudRio pic.twitter.com/wFtiuYXSw8