Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fan estoupar de madrugada o caixeiro dun banco do Hío, en Cangas

Fan estoupar de madrugada o caixeiro dun banco do Hío, en Cangas

A Garda Civil investiga o suceso, que se produciu contra as 5:00

G24.gal 01/09/2022 10:12 Última actualización 01/09/2022 13:38

Unha explosión nun caixeiro alarmou esta madrugada os veciños da parroquia do Hío en Cangas.

Todo apunta a que alguén puxo un artefacto explosivo no caixeiro, detonouno e provocou graves danos materiais, rebentaron os cristais e hai múltiples estragos. Ocorreu ás 5 da madrugada na rúa Igrexario, na parroquia canguesa do Hío.

Foi un veciño da zona o que alertou os servizos de emerxencias, despois de escoitar un forte estoupido que proviña do caixeiro e percibir un forte cheiro a pólvora. Ao lugar do suceso trasladáronse a Policía Local, a Garda Civil e os Bombeiros do Morrazo, que tiveron que ventilar o habitáculo.

A explosión xerou unha grande alarma neste punto de Cangas. Varias testemuñas manifestáronlles aos axentes que viron como un coche fuxía do lugar.

Neste momento traballa no caixeiro a policía científica. A zona está acordoada e a Garda Civil está a recoller pistas para dar co paradoiro do responsable ou responsables desta explosión.

A investigación inicial apunta a un intento de roubo, pero non se desbotan outras hipóteses. Na zona hai certo malestar polas escasas xornadas que está aberta a sucursal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade