Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falsos remedios ante as enchentes de Nadal

Falsos remedios ante as enchentes de Nadal

Os protectores estomacais poden ser contraproducentes

Os expertos tramén desaconsellan o bicarbonato

G24.gal 19/12/2022 14:38

Durante o Nadal a maioría das persoas comemos e bebemos máis do que debemos. De feito, sete de cada dez persoas recoñecen que nestas datas padecen algún tipo de problema gastrointestinal derivado destes excesos; pero a pregunta é... que tomamos nestes casos?

A maioría dos enquisados aseguran que toman antiácidos, bicarbonato ou protectores estomacais.

De feito nestas datas os protectores estomacais e os antiácidos son os produtos estrela nas boticas.

Marisol Filgueiras, nutricionista e farmacéutica, di que "comeza a campaña Almax, que todo o mundo vén pedindo este produto porque pensan que vai ser a solución".

E non sempre é así; de feito, os nutricionistas din que incluso pode ser contraproducente.

Marisol Filgueiras apunta que "o omeprazol non é recomendable para as dixestións pesadas porque o que fai este medicamento é evitar a produción do ácido que nos axudas a facer a dixestión e no caso do bicarbonato pode ser contraproducente porque se tomamos de máis pode provocarnos máis acidez da que xa tiñamos".

O que recomendan os expertos para evitar a acidez e as dixestións pesadas é comer con moderación e beber moita auga. Se acabamos sucumbindo aos excesos, o mellor din que é recorrer ás infusións dixestivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade