Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha persoa tras caer dende unha altura mentres paseaba nas proximidades do cabo Prior, en Ferrol

Falece unha persoa tras caer dende unha altura mentres paseaba nas proximidades do cabo Prior, en Ferrol

Ao lugar do incidente desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer para salvarlle a vida

G24.gal 31/01/2022 21:21

Unha persoa faleceu sobre as 18:40 horas deste luns tras precipitarse na zona das antigas baterías de Covas, nas proximidades do cabo Prior, en Ferrol. O home paseaba pola zona próxima ás baterías cando caeu dende certa altura.

Ao lugar do incidente desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada para salvarlle a vida. Ademais desprazarse Bombeiros de Ferrol e axentes das Policía Local de Ferrol e Policía Nacional.

Na zona houbo un importante dispositivo policial e unha comisión xudicial foi a encargada de autorizar o levantamento do cadáver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar