Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un veciño de Santiago de 71 anos tras sufrir unha indisposición mentres conducía

Falece un veciño de Santiago de 71 anos tras sufrir unha indisposición mentres conducía

O coche que conducía invadiu o carril contrario e colidiu contra outro vehículo  

Marta González Salve 12/04/2022 14:21

Un home faleceu esta mañá tras sufrir unha indisposición cando circulaba co seu vehículo pola estrada de San Lourenzo, en Santiago de Compostela. O vehículo invadiu o sentido contrario e colidiu contra outro coche sen consecuencias para os seus ocupantes. 

O equipo de atestados da Policía Local de Santiago está a investigar se a indisposición e falecemento do home  de 71 anos que provocou un accidente pasadas as 8 da mañá na estrada de San Lourenzo se produciu antes ou despois da colisión.

No momento do accidente pasaba unha ambulancia polo lugar, que foi alertada polo condutor do outro vehículo implicado para que atendesen ao home.  Os servizos de emerxencia só puideron certificar a morte. 

Ata o lugar trasladáronse, ademais de tres unidades da Policía Local de Santiago e unha da Policía Nacional, unha dotación de bombeiros e un fillo da vítima, que se fixo cargo do vehículo.
Será a autopsia a que determinará as causas do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade