O veciño de Narón atropelado nas Pías permanece en estado de morte cerebral
O veciño de Narón atropelado nas Pías permanece en estado de morte cerebral
A vítima, un corredor de 52 anos, foi golpeada por un vehículo que fuxiu do lugar dos feitos
O condutor foi detido pouco despois do accidente e deu positivo por consumo de estupefacientes
![Roupa e obxectos persoais da vítima/ Policía Local de Ferrol](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2024/20240420/atropelo-falecido-ferrol-obxectos-persoais-policia-local-de-ferrol.jpg)
Permanece en estado de morte cerebral o veciño de Narón, de 52 anos, que fora atropelado este venres en Ferrol. A súa familia, que está en Palencia, identificouno tras unha solicitude de colaboración cidadá da Policía Local.
O home saíra correr cando foi golpeado por un vehículo nos arredores da avenida das Pías, no barrio de Caranza. Logo foi trasladado inconsciente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O condutor, que fuxiu nun primeiro momento, foi detido horas despois do atropelo. Segundo a Policía, deu positivo por consumo de estupefacientes. Este domingo pasará a disposición xudicial.
A Policía Local publicou na rede social X algunhas fotografías da roupa e dos obxectos persoais que levaba o corredor no momento do accidente. Dúas horas e media despois, informaron de que completaran a identificación e agradeceron a colaboración.
Identificado!!!
— Policía Local Ferrol (@ferrol092) April 20, 2024
Gracias a todos por vuestra #ColaboracionCiudadana https://t.co/cbIjEcvHvi