Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un traballador en Riotorto tras ser alcanzado por unha procesadora forestal

Falece un traballador en Riotorto tras ser alcanzado por unha procesadora forestal

O accidente aconteceu nunha zona de difícil acceso situada no lugar da Ermida, en Espasande de Baixo

Un compañeiro da vítima alertou os servizos de emerxencia

G24.gal 04/09/2025 12:32

Falece un traballador en Riotorto tras ser alcanzado por unha procesadora forestal. 

A vítima, de 66 anos, era un madeirista que lles estaba axudando os operarios da súa propia empresa.  Foron eles quen avisaron o 112 sobre as once e media da mañá, pero xa non se puido facer nada por lle salvar a vida.

Sobre as 11:30 horas, os xestores de emerxencias recibían a chamada dun particular alertando dun accidente laboral no Lugar da Ermida, en Espasande de Baixo, nunha zona de difícil acceso.

Segundo explicou, o seu compañeiro fora alcanzado pola procesadora forestal e, aínda que non estaba atrapado, sinalou que podería estar falecido.

De inmediato, desde o 112 Galicia informouse os Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova, á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Á súa chegada os profesionais só puideron confirmar o falecemento do traballador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade