Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un operario e outro resulta ferido nun accidente en Chantada

Falece un operario e outro resulta ferido nun accidente en Chantada

Atopábase nunha zona de arboreda de difícil acceso, polo que foi necesario solicitar a intervención dos bombeiros de Chantada para poder chegar ata el

Lugar do accidente laboral en Chantada
G24.gal 14/03/2025 14:25 Última actualización 14/03/2025 20:32

Un operario faleceu este venres e outro resultou ferido nun accidente no municipio lucense de Chantada, na estrada LU-617, á altura de San Fiz de Asma. Segundo informou o 112, recibiu o aviso ás 12:25 horas a través da chamada dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para unha persoa que caera desde certa altura.

De inmediato, desde o 112 alertouse aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia comprobaron que, ademais da primeira persoa afectada, había un segundo operario ferido.

Atopábase nunha zona de arboreda de difícil acceso, polo que foi necesario solicitar a intervención dos bombeiros de Chantada para poder chegar ata el. Nestes momentos, os equipos de emerxencia continúan traballando na zona.

Segundo explicaron, catro traballadores estaban a colocar un cable de tensión nunha leira no momento no que o cable partiu ou se soltou, o que provocou que dous dos operarios caesen uns dez metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade