Cargando resultados...
Falece un menor de 11 anos ao caer da quinta planta dun hotel en Alacant
O rapaz coárase cun amigo para practicar 'parkour'

G24.gal
06/12/2022 08:04
Falece un menor de 11 anos ao caer da quinta planta dun hotel en Alacante. O rapaz non estaba hospedado nel.
Segundo as primeiras indagacións, coárase na azotea do establecemento para facer parkour cun amigo, un tipo de deporte que consiste en ir superando obstáculos como varandas, muros ou escaleiras. Nun momento dado, o menor pisou unha cúpula que venceu e caeu desde unha altura de 16 metros.
Foi trasladado con politraumatismos ao hospital, onde faleceu ás poucas horas.