Detido un menor de 14 anos tras apuñalar outro da mesma idade en Cazorla (Xaén)
O menor que quedou ferido foi trasladado en helicóptero ata o Hospital Neurotraumatolóxico de Xaén, onde está ingresado

Un adolescente de 14 anos pasará este venres á disposición da Fiscalía de Menores acusado de apuñalar outro mozo da mesma idade, que está ferido e ingresado nun hospital, no transcurso dunha pelexa ocorrida no municipio de Cazorla (Xaén).
Segundo confirmou o servizo de Emerxencias 112, arredor das 13:30 horas de onte recibiuse unha chamada alertando dun mozo ferido por arma branca nun domicilio da rúa Agustín Salcedo de Cazorla.
A Garda Civil detivo pouco despois un adolescente de 14 anos como presunto autor do apuñalamento, e trasladouno ás dependencias policiais á espera de pasar ao dispor da Fiscalía de Menores.
Pola súa banda, o menor que quedou ferido foi trasladado en helicóptero ata o Hospital Neurotraumatolóxico de Xaén, onde está ingresado.